A finalidade da asociación é a defensa dos intereses veciñais e a mellora das infraestruturas e servizos da zona. Participan dos cursos e actividades ofertadas polo Concello, principalmente cursos de horticultura e silvicultura. Tamén organizan festas populares e excursións. Conta con 130 socios aproximadamente. O horario habitual de reunión é os venres a partir das 21:00 horas no centro da Enfesta.