Martes, mércores e xoves de 10:00 - 13:00 e 17:00 - 19:00
Teléfonos de contacto: 981104467 - 679461003
A Asociación de Celíacos naceu en 1981 como delegación da Asociación de Celíacos de España e en 1998 con ámbito autonómico. Ten arredor de 1.300 socios en Galicia.
Facilitan información aos celíacos/as da dieta e dos menús sen glute.
Proporcionan nomes de establecementos próximos ao seu lugar de residencia nos que vendan produtos sen glute.
Ofrece charlas divulgativas a colectivos, á hostalería, a centros de ensino e formativos, a auxiliares de clínica, en campamentos, etc. co fin de dar a coñecer esta afección e as recomendacións para a elaboración de dietas e menús.
Os seus membros participan en congresos, xornadas e conferencias para intercambiar experiencias e obter máis coñecementos a partir das investigacións realizadas sobre a intolerancia ao glute.
Organizan unha celebración anual, o sábado seguinte ao Día do Celíaco, que se celebra o 27 de maio.
Contactar