Martes e xoves 19:00 - 21:00
Naceu en 1986 e ofrécelles información e asesoramento aos diabéticos e familiares sobre esta doenza crónica que lle afecta a un 7% da poboación. Organiza charlas educativas sobre temas derivados desta enfermidade e actividades lúdicas como sendeirismo, magostos, ceas de nadal...
O Día Mundial da Diabete, o 14 de novembro, instala unha mesa informativa na praza do Toural de cara a concienciar a poboación sobre a presenza desta enfermidade e a ofrecer a posibilidade de realizar análises de nivel de glicosa no sangue.
Cada dous meses edita unha publicación especializada que distribúe entre os 700 socios deste colectivo para contribuír a difundir información co fin de conseguir unha maior calidade de vida entre os que padecen esta doenza.
Dispón dunha asesoría xurídica na que atende problemas laborais e sociais dos asociados e facilitan información sobre axudas específicas para este colectivo.