A Asociación Cultural-Musical Solfa dende o ano 1997, centrou o seu traballo na formación musical. Ofrecen clases de iniciación á música para nenos e nenas de 3 a 7 anos e, para maiores de 7 anos, solfexo e instrumentos: bombardino, saxofón, frauta, óboe, clarinete, tuba, trompeta, trompa, trombón, percusión e piano.
Froito do traballo destes anos formaron o Grupo Instrumental de Solfa composto por 27 mozos e unha agrupación coral formada por 30 persoas.
O seu repertorio está constituído por obras de diferentes estilos, onde destacan as transcricións de temas populares galegos.
Promoven e impulsan diversos concertos, intercambios culturais con outras bandas.
Lucía Carreira Pérez é a presidenta da asociación. O teléfono da asociación é 676 675 030.