Creouse a comezos da década de 1990 co obxectivo de defender os intereses dos veciños e de trasladar as súas reclamacións ante o Concello. Traballa pola consecución da instalación de novos servizos básicos como puntos de alumeado público ou o asfaltado de pistas, entre outros. Ten 60 familias asociadas e a xunta directiva reúnese cada mes para tratar os asuntos de actualidade e as reivindicacións dos veciños. Organiza tamén festas no entroido, magosto e san Xoán, ademais de participar en actividades, excursións e visitas guiadas.