Espazos
- Aula de informática
- Horario: De martes a sábados de 17.00 a 21.00
Instalacións: Dotada de 10 terminais informáticos.
Servizos: ofrece actividades de dinamización dixital así como monográficos e cursos relacionados coas TIC, e uso libre dos terminais
- Aula de Xogo
- Horario: De martes a venres de 17.00 a 20.30
Sábado de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30
Instalacións: A Aula de xogo do CSC Santa Marta ofrece un servizo de información, atención ao público, tramitación do carné de socio, préstamo en sala de xoguetes e xogo libre, tanto presencial como dirixido. Ten unha superficie de 114 m2, dúas entradas (unha delas directamente dende o exterior), con baños adaptados por idades.
Conta con distintos espazos: manualidades, xogos , lectura e xardín.
SOLICITUDE DE CARNÉ DE SOCIO
Para ter acceso á aula é imprescindible o carné de socio da rede.
Persoal: Dúas responsables
- Biblioteca
- Horario: Martes a Venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00
Sábado de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00
Contacto: [email protected] (especificando CSC de Sta Marta)
Instalacións: A biblioteca "José Saramago" de Santa Marta, pertence a Rede de bibliotecas municipais dos Centros Socioculturais, estas débenlle o nome ao Nobel, que doou o Premio "Arcebispo San Clemente" para invertir nunha biblioteca municipal dun barrio desfavorecido, que foi a do CSC de vite no 1992.
A súa vocación é de proximidade aos veciños do entorno do Centro, cumprindo unha función de primeiro acceso ao mundo cultural do libro para os usuarios.
Ofrece servizos de sala de estudo, información e referencia, consulta na sala, péstamo e servizo de reserva, acceso ao catálogo xeral da biblioteca, rede sen fíos (wifi), zonas diferenciadas de adultos e nenos, prensa e revistas, fondo local, seccións de banda deseñada (adultos e infantil).
Para poder facer uso da biblioteca é necesario ter carné de socio. Os trámites deste carné gratuíto son os seguintes:
- Cubrir a solicitude de carné
- Os menores de 16 anos necesitan autorización
- Dúas fotos tamaño carné
Servizos: Conta con 39 postos de lectura: 27 adultos e 12 nenos
Recursos: Espazo web. Catálogo na web e páxina da biblioteca.
www.opacmeiga.rbgalicia.org ( seleccionando a biblioteca de Santa Marta), con novidades da biblioteca, fondos de todas as bibliotecas da Rede de Centros Socioculturais e anuncios.
- Sala Agustín Magán. Espazo multidisciplinar para artes escénicas, audiovisual, música, etc.
- Instalacións: Situada na planta baixa do edificio, a sala Agustín Magán, conta con 230 metros cadrados e capacidade para 151 espectadores. Está dotada de camerinos e na parte superior de palco e salas de control técnico. O teatro ten o escenario a ras do chan e conta cun sistema de butacas retráctiles que permite transformar a sala nun espazo totalmente aberto.
Servizos: Teatro, música, cine, danza, conferencias, presentación de libros..., configuran unha oferta que se completa coas actividades que leva a cabo o asociacionismo e outras entidades; fortalecendo a oferta cultural da Rede de Centros.
Asociacións
- Asociación de veciños "VEDESMA"