De todo para todos

Enderezo

Lugar de Quintáns - Villestro. CP. 15.896
Teléfono: 981 53 78 18
Fax: 981 537 818
Contactar

Horario: Martes a venres, 17:00 a 21:00h
Sábado, 10:00-14:00h
(de outubro a xuño)

Villestro

O centro sociocultural de Villestro iniciou a súa andaina no último trimestre de 2005. A súa programación está aberta ás suxestións dos veciños e veciñas. Deste xeito, o de Villestro aspira a converterse nun centro activo e participativo, próximo ás preferencias e intereses dos diferentes colectivos e franxas de idade.
Instalacións
Biblioteca a disposición dos usuarios durante o horario de apertura do centro. Entre os seus servizos figuran programas de axuda ao estudo e a consulta de fondos catalogados.

Aula de informática. Aberta de martes a venres de 17:00 a 21:00 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Utilización libre,excepto no horario ocupado polos cursos ( consultar horarios dos cursos ).

Dispón asemade de salas habilitadas especialmente para o desenvolvemento de xuntanzas e obradoiros.
Servizos
O centro dispón de varios espazos abertos. Estes poden ser empregados, previa solicitude, polos distintos colectivos. Ademais acollerán as xuntanzas e actividades específicas das asociacións do barrio.
O centro dispón dunha ludoteca, adicada a xogos e actividades lúdico-formativas.

 

Espazos

Aula de informática
Horario: Mércores de 20 a 21h e sábado de 11 a 14h
Servizos: Aula de informática equipada con 10 terminais informáticos con conexión a internet. Entrada libre e gratuíta, respectando as normas de uso da aula asi como os horarios dos cursos.
Biblioteca
Servizos:
- Utilización deste espazo para o estudo en horario de apertura do centro.
- Lectura de xornais
- Animación á lectura.

Clubes

S.D. Villestro (Sociedade deportiva Villestro)

Asociacións

Asociación de veciños "A Unión de Villestro"
Asociación Xuvenil GUXUVI ( Grupo Xuvenil de Villestro )
Comisións de festas

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto