De todo para todos

Enderezo

Corredoira das Fraguas, 92
Teléfono: 981 543 191
Fax: 981 543 192
Contactar

Horario: Luns a venres de 09:00 a 14:00h
e de 17:00 a 21:00h

Ligazóns


A Trisca

Moderno edificio deseñado polos arquitectos John Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Inaugurado en maio do ano 2003, estructúrase en tres andares, un soto e unha terraza. Ten 675,2 metros cadrados de superficie.
Persoal
O centro está dirixido por un técnico municipal e no equipo de dinamización hai dous animadores socioculturais e dous uxieres.
Servizos
Ofrece información sobre actividades municipais e programa sociocultural do centro, lugares para o encontro (xogos de mesa, lectura individualizada de prensa e revistas) e unha aula de xogo infantil. Hai tamén espazos para exposicións de pequeno formato, para xuntanzas e actividades solicitadas por entidades de iniciativa social e actividades mensuais de ocio e formación como saídas, talleres, charlas, exposicións. Pódese consultar internet previa petición. A terraza utilízase para acoller actividades como exhibicións de danza, tertulias literarias e talleres fotográficos, entre outras.
Recursos
O centro dispón de televisión, dvd, canón de proxección, pantalla e cadea de música.

 

Espazos

Aula de xogo infantil
Horario: De luns a venres de 17:30 a 20:00 h
Servizos: Xogo libre, xogo dirixido, animación á lectura e obradoiros para nenos/as de 4 a 12 anos. Consultar programación específica.
Punto informático
Servizos: Punto informático con acceso a internet para consultas en horario de apertura do centro.
Monográficos de iniciación a informática.

Asociacións

Asociacion Galega de Deseñadores - DAG
Asociacion pro lactancia materna Mamoa
Coral A Xuntanza

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto