A sede do local sociocultural consta de tres andares, o primeiro andar está dedicado ás actividades socioculturais. Conta cunha sala principal e dúas aulas. A sala principal dispón de televisión, equipo de música, asentos e mesas. Unha das aulas emprégase para impartir clases de inglés, a outra está dotada de nove equipos informáticos. Nos andares restantes alóxase o Grixoa C.F.