Moderno edificio de tres andares, deseñado polo arquitecto José Otero Pombo. Conta con salón de actos, biblioteca, unha aula informática, tres aulas multiusos e xardín. O salón de actos ten aforo para 150 persoas aproximadamente; a biblioteca está dotada, fundamentalmente, con fondos de literatura infantil e xuvenil e dispón de 20 postos de lectura; na súa aula informática, con 12 equipos, impártense clases de informática básica.