Horario: Administración: Luns a venres de 08:00 a 15:00 horas Dinamización: Martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas Sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas Unidade de Traballo Social: luns de 09:00 a 14.00h horas
Ten unha biblioteca e aula de lectura, con capacidade para 35 persoas e conexión informática á rede de bibliotecas dos centros socioculturais, dúas ludotecas para diferentes idades con capacidade para 15 persoas, un punto de encontro para a mocidade, unha sala de asistencia social, unha sala de usos múltiples e unha sala de xuntas. Conta con dous uxieres, un animador sociocultural, unha animadora de ludoteca e unha voluntaria europea.
Servizos
Ofrece un servizo de axuda ao estudo e apoio escolar, vídeo-forum, cursos, acceso a internet, exposicións e a convocatoria do certame de poesia Aurelio Aguirre e programación específica de linguas, ludoteca e biblioteca.
Recursos
Dispón de ordenadores con acceso a internet, canón de vídeo, pantalla móbil desmontable, altofalantes, karaoke, micrófonos, unha mesa de mesturas, amplificador e reprodutores de vídeo, cintas, cd e mp3.
Espazos
Aula de informática
Servizos: Aula con 8 terminais informáticos.
Espazo gratuíto para utilización libre e individual en horario libre Máis información
Aula de xogo
Horario: - De martes a sábado de 18:00 a 20:00h Servizos: Aula de xogo para nenos/-as de 4 a 14 anos Máis información
Biblioteca / Aula de lectura
Horario: - De martes a sábado de 17:00 a 20:00h Servizos: Empréstito de libros, sala de estudo...
Club de lectura: venres de 18:00 a 19:30h.
Servizos sociais
Servizos:Asistencia social
Luns e mércores de 9:00 a 14:00h