O edificio consta de dous andares. No baixo dispón de sala de xogos dividida en dúas zonas con televisor e equipo de música, sala de información que alberga os xogos da ludoteca e sala de usos múltiples onde se realizan as actividades de sevillanas, método Pilates, ioga, ximnasia de mantemento, obradoiros de manualidades, palillos, bordado, fotografía e canto coral. No seguinte andar hai unha oficina para a reunión da directiva da asociación de Pontepedriña e do grupo de música, sala de xuntas con aforo para 30 persoas e onde ensaia a coral, sala de ordenadores, biblioteca e obradoiro de fotografía.