Enderezo

Ardagán de Arriba, 7
Contactar

Horario: Martes, 16:30-20:00h
Venres 16.00-21.00h
(dende outubro ata xuño)

Documentos


Marrozos

O Local Sociocultural de Marrozos fica nunha zona elevada da parroquia desde onde se divisa todo o Val do río Santa Lucía, Montouto e Os Tilos enfronte e, ás súas costas, o Pico Sacro. Pola entrada a Ourense atopámonos con este centro nun contorno rural rodeado de lugares e aldeas, preto da vía do tren Santiago - Ourense
Instalacións
O LSC de Marrozos conta con dous andares, distribuidos en cafeteria, almacén para gardar o material, oficina para a asociación de veciños, sala de lectura, aula de obradoiros, salón de usos múltiples e aula de informatica.
Persoal
Un dinamizador de actividades
Servizos
-Lectura de xornais
-Aula de xogos
-Actividades para maiores, adultos e cativos
-Aula de informática

 

Espazos

Espazo de xogo
Servizos: Xogos de mesa:utilización do xogos de mesa en horario de apertura do centro (baralla, parchís, dominó,...)
Xogos:Utilización de xogos e xoguetes.
Sala de obradoiros
Servizos: Espazo destinado á realización de diversos obradoiros, como manualidades, debuxo e pintura ...

Asociacións

Asociación Cultural Pena Maior
AVV Francisco García Beiro
Comision de Festas

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto