De todo para todos

Enderezo

Vite
Rúa Carlos Maside, 7
Teléfono: 981 542 490
Contactar

Horario:
Administración: Luns a venres de 08:00 a 15:00 horas
Dinamización: Martes a venres de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
Unidade de Traballo Social: Martes e xoves de 08:00 a 15:00 horas

Campamento en Arnela

Vite

Comentarios: A Rede de Centros Socioculturais vai realizar un campamento de 3 días en Arnela (Porto do Son), onde nos gustaría que o seu fillo/a participase; xa que as actividades a realizar están pensadas e programadas específicamente para eles por un equipo cualificado de monitores de tiempo libre.

A experiencia doutros anos e o éxito desta actividade lévanos a repetila; polo que gustaríanos contar un ano máis coa súa confianza. Con todo isto pretendemos que os seus fillos pasen unha fin de semana en compañía de outros rapaces con idades semellantes, aproveitando un medio natural privilegiado, que nos ofrece praia e montaña ó mesmo tempo.

Esta actividade vai dirixida a rapaces de idades a partir dos 8 en adelante.

O prezo deste campamento sería de:

• Albergue: 6 €
• Autobús: 10 €
• 8 comidas máis cociñeiras: 25 €
• Seguro: 4,5 €

TOTAL: 45,5 €

A Rede de Centros subvenciona unha parte deste coste, polo que cada rapaz deberá pagar 25 €.

Horario: Do 1 ao 3 de xuño.

Lugar: Aula de xogo

- Carta autorización pdf
- Calendario actividades pdf


« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto