De todo para todos

Enderezo

Amio
A Muíña, 63 15707 Amio - San Lázaro
Teléfono: 981 560 318
Contactar

Horario: Martes a venres de 18.00 a 22.00 h.

A MUIÑA SLOT (AMS)

Amio

A Muiña Slot (A.M.S.) somos un grupo de amigos que dende fai tempo decidimos xuntarnos para facer realidade un proxecto que xa nos rondaba pola mente con anterioridade. A idea non era outra que a de impulsa-la creación dun lugar onde puideramos disfrutar dun dos maiores hobbies do mundo: o slot. Un lugar onde nos puideramos reunir periódicamente para satisfacer ese "gusanillo automovilístico" que nos rondaba polo corpo dende facía anos. Un lugar onde poder competir cos nosos coches de scalextric, Un lugar onde as carreiras de coches son para pasalo ben cos amigos e disfrutar da pasión polos rallys, a fórmula 1 e o automovilismo en xeral.
Pois ben, o soño fíxose realidade alá polo ano 1992, cando decidimos xuntar tódalas nosas pistas de scalextric para montar un supercircuito de carreiras de 4 carrís. Durante os primeiros anos, as cousas foron bastante modestas e costounos algo de esforzo, sudor e bágoas arrancar. Trancorridos uns anos e xa consolidados empezamos a medrar cada vez máis. Dende que empezamos ata hoxe, medramos en tódolos aspectos: cada vez somos máis os que nos reunimos no local Monte do Gozo, en Amio para compartir a nosa afición con todo aquel que sinta o mesmo. Ampliamos e renovamos ao longo destes anos as nosas instalacións, chegando a ter nestes momentos ata un total de 7 circuitos distintos, cada un preparado para un tipo de carreira en concreto (rally, fórmula 1, todo terreno, carreiras en neve…) Organizamos tamén innumerables carreiras para campionatos de Santiago, Galicia e mesmo España, e sempre coa mesma ilusión do primeiro día. Demos un salto en calidade, con material de primeira e altamente competitivo. Arranxamos todo tipo de averías relacionadas co mundo do scalextric, facilitamos pezas e recambios para todo tipo de coches e pistas, organizamos carreiras e actividades para nenos e adultos alí onde se nos pide… En definitiva, non paramos de medrar pouco a pouco e cada día imos a máis.
En fin, esperamos que vos gustaran estas liñas. Xa só queda dicir que esperamos vervos algún día por aquí. Vide coñecernos e seguro que non vos arrepentiredes, xa sabedes onde estamos.
Por certo, non vos perdades o día 26 de outubro a primeira carrera do Campeonato de Santiago de Rally, e do 6 ao 9 de decembro celebraremos o RAID 2007 (Campeonato de España de Todo Terrenos). Un cordial saúdo de A Muiña Slot (AMS).
Horario: martes e xoves de 20:30 a 22:00 h


« Listaxe de clubes e asociacións


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto