De todo para todos

Enderezo

Ponte do Sar, 43 baixo (esquina rúa Diego Bernal)
Teléfono: 981 561 177

Horario: Mércores e venres de 16:00 a 21:30 horas.
Sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Sar

Moderno espazo onde a veciñanza pode dispór de servizos vencellados á participación cidadá e ás actividades de lecer.
Instalacións
Na planta baixa hai unha recepción e servizo de información, aula de informática, salón de usos múltiples e aula de obradoiros. Na entreplanta hai unha zona de uso asociativo.

O local sociocultural é un punto de información para os veciños, nel atopará información actualizada sobre os diversos servizos e prestacións municipais e das entidades do barrio. E tamén un lugar de encontro para o desenvolvemento de actividades diversas programadas. Hai unha zona de información e consulta de programas, información das diversas ofertas socioculturais e de interese veciñal no barrio de Sar.

Dispón de aula informática onde a asociación de veciños do Sar organiza cursos de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos. Ofrécese tamén acceso individualizado a internet, previa petición e tempo limitado.

A aula de usos múltiples está dispoñible para a realización de talleres, exposicións de pequeno formato, xuntanzas de entidades, conferencias,
encontros e foros. A aula de obradoiros está dispoñible para a realización de actividades de estudo, talleres, lectura, xogos de mesa...

Avisos

Actividades abril a xuño 2007 en pdf
Máis información
EXCURSIÓNS 2007
Máis información

 

Asociacións

Asociación do Sar

© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto