De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

COMPOSTELA MAIS SOLIDARIA

O Ensanche

Sábado 10 xuño 11:30h Obradoiro de ciberactivismo impartido por Activismo Vs Xenofobia DDHH. Maiores de 16 anos. Inscipción previa. Iniciación ao ciberactivismo en defensa dos DDHH, a través do deseño e execución de unha microcampaña en RRSS

PROXECCIÓN DE DOCUMENTAIS

Venres 30 maio 19:00 "Frágil Equilibrio" dirixido por Guillermo García López (Oxfam Intermon). Duración: 83 min.
Sinopse: Documental que entrelaza tres historias: dous executivos xaponeses de Tokyo aos que a súa vida se atopa encerrada no traballo, unha comunidade subsahariana que soña con pasar a alambrada de Melilla para chegar ao Primero Mundo, e varias familias españolas as que o seu proxecto de vida se veu abaixo pola crise, a especulación bancaria e os desafiuzamentos en vivendas.

Xoves 1 xuño 19:30h "Derecho a un techito" dirixido por Agareso. Duración:25 min Sinopse: En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e énchalles de forzas para esixir os seus dereitos.
En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas.

Martes 6 xuño 19:30h: "Disctrict Zero" dirixido por Jorge Fernández Mayoral, Pablo Tosco, Pablo Iraburu (Oxfam Intermon) Duración:65 min.
Sinopse: Maamun Al-Wadi abre a porta da súa tenda. Estamos nun dos campos de refuxiados máis grandes do mundo, Zaatari, en Xordania. Na súa tenda reparanse móviles. Maamun comeza a atender aos seus clientes. O contido das súas tarxetas de memoria conten o seu pasado en Siria.
Muros, historias reais de persoas residentes en distintos lados de diversos muros: O que divide Sudáfrica de Zimbabue, a alambrada entre a India e Paquistán, o muro entre Estados Unidos e México, ou a alambrada entre Ceuta e Melilla que serve de límite entre Europa e África.

Xoves 8 xuño 19:30h "India, la farmacia del mundo" dirixido por Yasmina Solanes (Farmamundi). Duración: 30 min.
Sinopse: O acceso aos medicamentos é un dereito universal. O documental, da man de peroas expertas en temas sanitarios e legais, explica por qué a India se converteu no líder mundial na fabricación de medicamentos xenéricos e segue o proceso legal e social do chamado Caso Glivec, onde Novartis levou ao goberno indio, aos Tribunais de Xustiza pola patente deste medicamento contra o cancro. A sentenza a favor do goberno indio a principios do ano 2013 e a participación no documental de personas implicadas no proceso legal, dan ao documental un gran valor de actualidade e testemuño.

Martes 13 xuño 19:30 "Historias para contar" dirixido polo grupo "Mirada Feminista" (Farmamundi) Duración:23 min.
Sinopse: Un documental no que as súas protagonistas (o Colectivo de Mujeres de Matagalpa) denuncian, en primeira persoa, a través do teatro, a violencia de xénero sufrida en Nicaragua. En 23 minutos, "Historias para contar" aborda o tema do abuso sexual e as consecuencias que ten na saúde das sobrevivintes. O fío condutor é a obra de teatro "La historia del silencio" que tece unha rede de testemuños, debates do público e entrevistas con expertas que ofrecen unha completa visión do problema.

Xoves 15 xuño 19:30 "9 días en Haití" dirixido por J.A Bayona (Oxfam Intermon). Duración: 37 min.
Sinopse: Cortometraxe documental sobre a cooperación e o dereito a ter unha oportunidade, a través da mirada dos nenos/as, defenden a importancia da cooperación ao desenvolvemento e a necesidade urxente da recuperación da sùa situación crítica.

Lugar: Sala de usos múltiples

Organiza: Compostela mais solidaria



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto