De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

ENTENDENDO A CIDADE

O Ensanche

Santiago de Compostela é coñecida polo camiño de Santiago e ser Patrimonio da Humanidade. E un referente cultural, educativo e relixioso. Pero hai moitos aspectos que os seus habitantes descoñecen.
Este programa de roteiros quere, a través do diálogo e da observación, mostrar a cidade dende unha perspectiva diferente.

Obxectivos:
-Fomentar o interese pola cidade
-Dar a coñecer aspectos pouco coñecidos da cidade
-Desfrutar da cidade
-Entender a evolución da cidade e a súa historia

ENTENDENDO A CIDADE: MEMORIA E HISTORIA
Mércores do 26 de abril ao 28 de xuño 17.00 a 19.00h

"Entendendo a cidade memoria e Historia" é un espazo cidadán participativo para traballar ca Historia de Galicia e Compostela, pero tamén para por en común cos teus veciños a túa memoria da cidade.
Se gustas de ler documentos antigos, se che apaixona a Historia da Arte, se crees que Compostela é algo máis que una cidade turística… bule e anótate neste programa!
A través de reunións semanais percorreremos a Historia de Galicia. Poremos o noso punto de partida na Prehistoria Galega e chegaremos ata a actualidade, pasando por temas que de seguro che serán interesantes: O megalitismo, a cultura castrexa, O Reino Suevo, A Era Compostelá, as Revoltas Irmandiñas, o impacto da Piratería en Galicia e moitos temas máis.
Os mércores 26 de Abril o 28 de Xuño todos los mércores de 17 a 19h no CSC do Ensanche realizaremos un pequeno seminario sobre unha parte da nosa Historia e da nosa cultura.

CHARLAS ABRIL A XUÑO 2017
ABRIL
26 abril As culturas prehistóricas: Megalitismo, Petroglifos e Cultura Castrexa.
MAIO
3 maio Santiago Mansión Romana: Conquista e Romanización de Galicia.
10 maio Comezou a romperse o imperio Romano por Galicia?
O Reino Suevo: Da destrución do Imperio Romano a Creación dos Reinos Cristiás.
24 maio O Apóstolo Santiago: Dos inicios do culto a Era Compostelá.
31 maio A Compostela de Xelmirez.
XUÑO
7 xuño Compostela milenaria: percorrido pola historia do arte en Compostela.
14 xuño A Revolta Irmandiña.
21 xuño Piratas nas costas Galegas.
28 xuño Galicia Industria: A chegada dos industriais cataláns a Galicia.

ENTENDENDO A CIDADE: ROTEIROS COMENTADOS

A Rocha forte: A guarida do Arcebispo. 22 maio 17.00 a 19.00h
Non se pode entender a Historia desta cidade sen entender o papel que desempeñou a Sede Apostólica como centro de relixioso e de poder. Cal foi a relación dos distintos Bispos e Arcebispos cos cidadáns de Compostela? Por qué o arcebispo constrúe unha das maiores fortalezas da península xusto as aforas da cidade, e non xunto a catedral? Cal foi a súa importancia para as Terras de Santiago? Quen destruíu o Castelo da Rocha?
Todas estas preguntas e moitas mais serán respostadas neste roteiro que xira entorno a unha emblemática, pero gran descoñecida, fortaleza: O Castelo da Rocha Forte: A guarida do arcebispo.

Compostela: Laboratorio de Historia do Arte. 1 de xuño 17.00 a 19.00h
Compostela, Antiga capital do Reino de Galicia. Cidade entorno a cal se construíu Europa na Idade Media. Compostela, centro de peregrinacións xunto con Roma e Xerusalén para o Cristianismo global. A nosa cidade sempre estivo á vangarda do Arte Europeo. Non podemos entender Compostela sen o Mestre Esteban, o Mestre Mateo, Simón Rodríguez ou Domingo de Andrade.
Neste percorrido pola cidade repasaremos todos os estilos artísticos que afloraron en Europa desde os inicios da Idade Media ata século XX e como estes se concentran na cidade desde o seu orixe como tumba apostólica ata o século ata que se converteu en capital de Galicia.

Ruta polos paisaxes urbanos de Compostela 19 xuño 17.00 a 19.00h
Dende hai xa varios anos a paisaxe estase a converter nun elemento moi importante para entender o territorio. A paisaxe é identidade; a paisaxe é sentimento; a paisaxe é benestar. Descubre a pegada dos nosos devanceiros admirando as paisaxes de Compostela nunha ruta que une natureza, historia, arte, Cultura popular e territorio.
Entende cal é a relación dos compostelás ca súa cidade. Vive Compostela dunha maneira saudable, camiñando e falando. Disfruta da paisaxe e da natureza que rodea a unha urbe milenaria.



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto