De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

Monográfico: Escritura creativa

cartel

O Ensanche

venres 10, 17 e 24 novembro
Para adultos.
Con inscrición previa.
Prazas: 15
Prezo: 14€

CONTIDOS

Impartido por: Gabriel Gomez Estevez, licenciado en filoloxía Galega

Programa e contidos
Enriquece túa expresión escrita, pon túa cabeza a traballar experimentando cos detonantes creativos, provoca a imaxinación, para crear algo en forma de pequenos textos, relatos, poemas, divertidos ou serios, que nos fagan pasar un bo momento

Este monográfico baséase no uso dos "detonantes creativos" e, a partir deles, constrúense as actividades que o van compor.

1 SESIÓN

- Presentación: quen son? Quen sodes? Que quero? Que queredes?
- Actividade de quecemento: desenferruxar a imaxinación I
- Detonante creativo I: aproximación ao cadáver exquisito (en prosa)
- Detonante creativo II: "que pasaría se...?"; traballando con hipóteses absurdas

2 SESIÓN

- Actividade de quecemento: desenferruxar a imaxinación II
- Aproximación ao microrrelato. Aproximación ao terror
- Aproximación ao surrealismo. Aproximación ao realismo

3 SESIÓN

- Aproximación ao cadáver exquisito (en verso)
- Aproximación á poesía. Que é? Para que serve? Hai un ou unha poeta en ti?
- Recursos poéticos: sinestesia e oxímoro
- O verso libre: abaixo a métrica!
- O haiku
- Reflexións finais: miñas e vosas

Lugar: Sala de usos múltiples

- Ficha de inscrición


« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto