De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

CLUB DE LECTURA

O Ensanche

Un club de lectura confórmano un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reúnen periodicamente, para comentar as paxinas lidas dende o encontro anterior, compartindo deste xeito cos outros a experiencia lectora.

En cada reunión acórdase a cantidade a ler nos días posteriores, e é ese anaco soamente o que se comenta na seguinte. Naturalmente calquera ten o dereito a exceder ese límite, pero non pode desvelar aos seus compañeiros o que sucede despois do punto marcado.

A gran aceptación que teñen os clubs débese, seguramente, a que reúnen dous alicientes:

A lectura persoal e íntima
A posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.

Polo xeral as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario.

O apoio do grupo é tamén moi positivo no caso dalgúns libros máis esixentes do normal, cara aos que moitos lectores mostran preguiza cando están sos e que se len con gran facilidade se outras persoas o fan ao mesmo tempo.

Destinatarios: Adultos

Prezo: 4/trimestre
Prazas: 15 por grupo

Horario: -Grupo de reunión semanal: Todos os xoves de 19.30 a 20.30h
-Grupo de Reunión mensual: ultimo venres do mes de 19.30 a 20.30h



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto