De todo para todos

Enderezo

O Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo
Teléfono: 981543001
Fax: 981543002
Contactar

Horario: Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados de 10:15 a 14:00 e de 17:15 a 20:45 horas.

Rexistro auxiliar do Concello: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.

Unidade de Traballo Social, horario de atención ao publico:
Con Cita Previa a través da centralita de Servizos Sociais (praza da constitución nº1) ou chamando por teléfono 981542465

Club de Xadrez

xadrez ensanche

O Ensanche

Unha partida de xadrez constitúe por si mesma un exercicio no que, a cada instante, o cálculo, a visualización, os razoamentos abstracto e concreto, a velocidade de procesamento e a organización dunha ampla gama de información e toma de decisións o converten nun adestramento mental por autonomasia.

A través da práctica continuada o axedrecista vai descubrindo as súas capacidades intelectuais e logrando autoconfianza para superar dificultades en outras actividades. Ademais de aprender os coñecementos básicos, empezan a planificar as xogadas, concéntranse, buscan solucións e dan renda solta a súa creatividade.

É un obxectivo do club de xadrez fomentar o hábito deste xogo considerado deporte polo Comité Olímpico Internacional que está considerado coma o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos. O factor que mellor explica o desempeño axedrecístico é o número de horas de práctica.

Horario: ADULTOS luns de 18 a 19h
INFANCIA luns 19 a 20h
INCIACIÓN todos os públicos xoves 18.00 a 19.00h

De outubro a xuño
PREZO 12 (curso completo)
PRAZAS 16 por grupo



« Actividades


© 2005, Centros socioculturais de Santiago
Portada | Concello de Santiago         Contacto